="http://www.w3.org/2000/svg" viewBox="0 0 512 512">

Book Title: Os vellos non deben de namorarse

Authors: Afonso Daniel Rodríguez Castelao and Castelao, Afonso D.

Cover image for Os vellos non deben de namorarse
License:
All Rights Reserved

Contents

Book Information

Book Description

A farsa Os vellos non deben de namorarse foi estreada en Bos Aires no 1941. Segundo Castelao, «é unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato», consideración que gaña importancia se temos en conta o relevantes que son na obra os artificios escenográficos: a iluminación, a variedade cromática dos decorados e das roupas dos personaxes, as máscaras que estes levan…, son elementos cardinais desta «artimaña escenográfica onde xogan o amor e a morte» dos tres vellos imprudentes: o boticario don Saturio, o fidalgo don Ramón e o vinculeiro señor Fuco.

O motivo do vello namorado repítese tres veces en versións diferentes nos tres lances de que consta a obra. Cada un dos lances presenta uns elementos que teñen o seu paralelo nos outros. En cada lance hai un vello namorado dunha moza, e un mozo rival do vello nas súas pretensións amorosas. A morte, que aparece coma un personaxe, advirte en cada un dos lances ao vello do risco que conleva o seu namoramento serodio. Outro elemento fundamental son os personaxes coadxuvantes, que teñen unha función semellante á do coro da traxedia clásica.

Authors

Afonso Daniel Rodríguez Castelao and Castelao, Afonso D.

License

Os vellos non deben de namorarse Copyright © by Afonso Daniel Rodríguez Castelao and Castelao, Afonso D.. All Rights Reserved.

Metadata

Title
Os vellos non deben de namorarse
Authors
Afonso Daniel Rodríguez Castelao and Castelao, Afonso D.
Editor
A Petapouca
Publisher
A Petapouca
Hashtag
#castelao