="http://www.w3.org/2000/svg" viewBox="0 0 512 512">

Escea IV

Pasan as catro irmáns do boticario por fora do mostrador, unha após da outra, e ao pasar vanlle facendo recomendacións.

IRMÁN 1ª

Quédache o café enriba da mesa, ¿eh?

O BOTICARIO

Xa, xa.

IRMÁN 2ª

Cando cerres non te esquezas de apagares a luz, ¿eh?

O BOTICARIO

Xa, xa.

IRMÁN 3ª

Non deixes entrar o gato na cociña, ¿eh?

O BOTICARIO

Xa, xa.

IRMÁN 4ª

Cando veña Ramona dille que imos á novena, ¿eh?

O BOTICARIO

Xa, xa.

Cando o boticario fica soio baixa o pano para mudar o cadro.

 

License

Escea IV Copyright © by Afonso Daniel Rodríguez Castelao and Castelao, Afonso D.. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *