Persoaxes

PIMPINELA

Rapaza bonita que tolea cos panos de coores.

A NAI

Vella lagarteira, que non se avén coa probeza.

O PAI

Velloucán con cara de testigo falso.

O MOZO

Rapaz novo, na edade de sentirse galo do mundo.

O VELLO

Carcamán namorado, no seu derradeiro esforzo.

MULLERES

Dez almas chuchadas pola marmuración.

A MORTE

Figuración do máis poderoso señor do mundo.

CORO

Rapaces e rapazas que saben cantar.

Tódolos rapaces levan careta , menos os rapaces e rapazas do coro.

Lance III - Os vellos non deben de namorarse

License

Persoaxes Copyright © by Afonso Daniel Rodríguez Castelao and Castelao, Afonso D.. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *